
Proxectos
Expoñemos un breve resumo dos prestamos concedidos:
- Compra dunha furgoneta para negocio de fontaneria (3300 €). Creación dun posto de traballo. Xaneiro 2006.
- Equipamento e existencias iniciais para empresa de produtos de limpeza para ganderia (5836 €). Creación de 2 postos de traballo. Xullo 2006.
- Traspaso da caseta dun posto de venda nun mercado para unha muller con discapacidade (6900 €). Creación dun posto de traballo. Setembro 2006.
- Equipamento para actividade artesá de pergamiños enmarcados. Un posto de traballo. (2000 €) Xaneiro 2007.
- Acondicionamento, inmobilizados do local e primeiros gastos de execución dun restaurante de comida para levar (6000 €). 2 postos de traballo. Xuño 2007.
- Posta en marcha dunha academia de clases de idiomas e de servizos de tradución (7000 €). 2 postos de traballo. Setembro de 2007.
- Concesión de adianto dunha subvención para manter os postos de traballo nunha ONG. (9.000 €). Xuño do 2008.
- Acondicionamento e primeiras mercadorías necesarias para abrir unha cafetería no Carballiño (6.000 €). 2 postos de traballo. Outubro 2008.
- Adianto dunha bolsa de estudos a unha estudante estranxeira. (1.000 €) Febreiro do 2009.
- Adianto dunha subvención a unha ONG para afrontar gastos necesarios para poder serguir a súa actividade de atención a inmigrantes. (1.000 €). Febreiro 2009.
- Adianto dunha subvención a unha ONG para afrontar gastos necesarios para poder contratar a unha persoa para a atención do colectivo inmigrante. (5.000 €) Agosto 2009.
- Adianto de parte dunha subvención e investimento para que unha asociación de promoción e integración de discapacitados intelectuais poidera seguir traballando (8.000 €). Setembro 2009.
- Préstamo para a merca dunha motoserra que é instrumento de traballo para un empregado por conta allea que lle alugaban esta ferramenta de traballo. (1.000 €) Outubro 2009.
- Achegar capital para mercar un vehículo de transporte para unha persoa que aforraría 4 horas diarias en desprazamento para manter o traballo e permitir rematar os estudos a unha universitaria. (1.000 €) Novembro 2009.
- Ampliación de equipos e renovación da maquinaria dunha lavandaría que xa está en funcionamento. (4.660 €). 2 postos de traballo. Marzo 2010.
- Adianto dunha subvención a unha entidade que desenvolve programas de reducción de pobreza e vulnerabilidade nos países empobrecidos, así como a integración e igualdade no ámbito socio-sanitario de diferentes colectivos. (4.500 €). Xuño 2010.
- Préstamo para axuda para ir a autoescola e conseguir o carné de conducir, necesario para desempeñar futuro posto de traballo. (1.000 €). Xullo 2010.
- Adianto dunha subvención para manter á actividade unha asociación de desenvolvemento rural. (4.000 €). Outubro 2010.
- Adianto dunha parte de subvención para manter un posto de traballo nunha cooperativa de comercio xusto e consumo responsable (6.160 €). Novembro 2010.
- Adianto de subvención á unha cooperativa de consumo consciente para manter a súa liquidez e viabilidade económica. (5.000 €). Novembro 2010.
- Achega de capital a unha tenda familiar de artesanía africana para compra de mercadorías, e envío das mesmas dende o seu lugar de orixe. (1.500 €). 1 posto de traballo. Novembro 2010.
- Axuda para o traspaso e primeiros gastos de apertura dun bar. 2 postos de traballo. (2.000 €). Xaneiro 2011.
- Adianto de subvención a unha asociación cultural para mercar equipo de sonido. (1.200 €) Abril 2011.
- Restauración dunha casa no ámbito rural para levar adiante un proxecto de agricultura ecolóxica e transformación tradicional de produtos agrícolas. Tamén se desenvolverán cursos de formación sobre bioconstrucción e agricultura ecolóxica. (10.000 €). 2 postos de traballo. Xuño 2011.
- Achega a unha ONG que traballa no eido do comercio xusto e do consumo responsable para mantemento da súa actividade. 1 posto de traballo. (3.000 €) Outubro 2011.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















