Pedir un préstamo

Como debo actuar para pedir un préstamo?

En primeiro lugar imos aclarar cales son os condicionantes para a concesión dun préstamo de AIS “O Peto”

AIS “O Peto” estuda a posibilidade de conceder préstamos cando:

  • Se presenta un proxecto de autoemprego viábel que non se pode poñer en marcha por carecer de financiación. 
  • Cando este proxecto de autoemprego suporá unha liberación económica para as persoas que o solicitan. 
  • Cando pasa unha valoración ética do mesmo (dignidade salarial, responsabilidade ecolóxica, etc…). 
  • Cando unha organización precisa unha “inxección” económica para poder seguir realizando a sua tarefa e non atopa mecanismos de autofinanciación (ONGs, empresas de reinserción, etc…) ou ben precisa un adiando dunha subvención concedida. 
  • Cando un particular precisa un adianto dunha bolsa de estudos. 

 

Se quero pedir un préstamo:

Podo poñerme en contacto vía mail coa asociación AIS “O Peto” contando a groso modo a miña situación; en caso de ser un proxecto de autoemprego derivarase a algunha institución que poida facer un estudo de viabilidade empresarial. Neste mail indicarei os meus datos persoais, os motivos da solicitude, forma de contacto, importe aproximado solicitado e uso do mesmo.

Podo chamar ao tlf do Centro Traballo e Cultura (local de reunión de ais “o peto”) 981 576 142 onde se recollerá a petición e se trasladará a algún membro da xunta direitiva.