
Estatutos
- Os Estatutos de AIS "O Peto": Estatutos
- O Réxime Económico:
Réxime económico
- O Réxime Económico de O Peto para a captación de capital social de Fiare: CapSoc_Fiare
ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN POR UN INTERESE SOLIDARIO (AIS) "O Peto" (resumo)
Artigo 1º: Denominación.
Constitúese en Santiago de Compostela a asociación sen ánimo de lucro. O PETO. –Asociación de Interese Solidario–, ao amparo do previsto no artigo 22 da Constitución Española e regulándose pola Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo (reguladora do dereito de asociación), polos presentes estatutos e demáis lexislación existente na materia que lle sexa aplicábel.
Artigo 2º: Personalidade xurídica.
A asociación ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para administrar e dispor dos seus bens e cumplir cos fins que se propón.
Artigo 3º: Domicilio e ámbito de actuación.
A asociación establece o seu domicilio social na rúa San Roque, nº6, bis, 15704, Santiago de Compostela. Tel: 981–576142.
A asociación realizará principalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade autónoma galega.
Artigo 4º: Fins.
Os fins principias da asociación son:
- Promover, desenvolver e financiar accións de cooperación para o desenvolvemento nas comunidades sociais máis desfavorecidas do noso entorno (inmigrantes, mulleres, parados e paradas de longa duración, minorías étnicas, discapacitados físicos e psíquicos, etc.).
- Promover unha formación integral das persoas formentando valores de solidariedade e xustiza.
Desenvolver, cooperar e financiar accións solidarias.
Artigo 5º: Actividades.
Para o cumprimento dos fins enumerados no artigo anterior faranse as seguintes actividades:
- Fomentar o autoemprego e as empresas de economía solidaria no noso entorno a través de axudas a proxectos socialmente visibeis.
- Desenvolvemento de actividades formativas e culturais de todo tipo relacionadas cos fins da asociación, entre elas a edición e distribución de todo tipo de publicacións precisas para a difusión de ditos fins, a organización de encontros formativos, charlas e ponencias ou coloquios.
- Fomentar a comunicación, cooperación e adhesión con entidades ou organizacións afíns.
- Difundir información social e económica para mellorar a formación dos membros da asociación. Proporcionar información e documentación sobre a autoxestión, aforro solidario, estudos sobre a pobreza, sistema financeiro e monetario alternativo, investimento non lucrativo, economía e finanzas, …
- Calquera outra actividade que responda ós fins da Asociación.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:


















