
VI XORNADAS DE FORMACIÓN AIS O PETO
Benquerida amiga/o
Desde Ais O Peto, ante a complexa situación económica e sociopolítica na que nos atopamos, decidimos facer unha Xornada de Formación co profesor e presidente de Justicia i Pau, Arcadi Oliveres, que se celebrarán os días 20 e 21 de Xaneiro.
Venres 20 Xaneiro: En que mundo vivimos: Economía vs. Persoa
- 17:00 Charla-coloquio n`O Carballiño na Casa da cultura
- 20:30 Charla-coloquio en Compostela na Gentalha do Pichel*
(*)pendente de confirmar o CS. se non hai novidades celebrarase na Gentalha
Sábado 21 de XANEIRO en Compostela, na Galería Sargadelos
- 11:00 a 13:30: Economía ao servizo da persoa. Formación interna para socias de O Peto. (Aberto a interesadas).
- 17:00 a 19:00: A economía social, banca ética e solidariedade. Encontro entre persoas, movementos sociais, colectivos, asociacións, etc..., que traballan ou están interesadas neste campo da economía.
(Para térmonos unha estimación da asistencia, remitide a este mail a vosa asistencia persoal ou colectiva)
Contando coa túa presenza, recibe unha fonda aperta.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















