
Panxea Soc. Coop. Galega
PANXEA, Asociación para o Comercio Xusto e Solidario de Santiago de Compostela desde o ano 1995, INICIA UNHA NOVA ETAPA.
O sábado 6 de febreiro, constituíuse como Cooperativa de Consumidores para continuar coa súa liña de traballo no comercio xusto. En pouco tempo estrearán o novo local na rúa da Rosa e ampliarán as actividades. Ademais, introducirán produtos ecolóxicos e locais na procura da soberanía alimentaria.
Para seguir a evolución desta nova etapa como para consultar os seus estatutos visitade a web de panxea www.panxea.org
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















