O Peto participa en Carballo no Foro Voz "Xerar emprego no local"

Na tardiña do 10 de marzo tivo lugar Foro Voz, espacio de intercambio de ideas organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz en colaboración co Concello de Carballo.

O tema "Xerar emprego no local" foi tratado polas persoas que formaban á mesa: Rebeca Filgueira, responsable de recursos humanos de Calvo; Xesús Otero, da Cooperativa Agraria Provincial e Granxa O Cancelo; Marta Pérez, do Centro Tecnolóxico Valnalón; Bárbara Alonso representou á nosa asociación; e por parte do Concello de Carballo estivo Xosé Regueira, edil de Promoción Económica.

Foron moi interesantes todas as experiencias compartidas, especialmente a creación dunha cultura emprendedora que é o que fai Valnalón en Asturias, desde promoción emprendedora ata educación para emprender a través de proxectos dentro do sistema educativo (www.valnalon.com).

Un pasiño máis que da O Peto na difusión da súa actividade, chegando esta vez á Comarca de Bergantiños.