Medidas sociais para as economías locais

  • strict warning: Non-static method view::load() should not be called statically in /usr/home/opeto/www/modules/views/views.module on line 843.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_display::options_validate() should be compatible with views_plugin::options_validate(&$form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/plugins/views_plugin_display.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_display_page::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/plugins/views_plugin_display_page.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_plugin_display_block::options_submit() should be compatible with views_plugin_display::options_submit(&$form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/plugins/views_plugin_display_block.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_argument::init() should be compatible with views_handler::init(&$view, $options) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_argument.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_argument_broken::ui_name() should be compatible with views_handler::ui_name($short = false) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_argument.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_sort_broken::ui_name() should be compatible with views_handler::ui_name($short = false) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_sort.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_validate() should be compatible with views_handler::options_validate($form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter::options_submit() should be compatible with views_handler::options_submit($form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_broken::ui_name() should be compatible with views_handler::ui_name($short = false) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_filter.inc on line 0.
  • strict warning: Declaration of views_handler_filter_boolean_operator::value_validate() should be compatible with views_handler_filter::value_validate($form, &$form_state) in /usr/home/opeto/www/modules/views/handlers/views_handler_filter_boolean_operator.inc on line 0.

Tatiana Félix en Altermundo (www.altermundo.org)

Palma, Maracanã, Castanha, Cocal, Guará, Girasol, Pirapire, Tupi. A lista con variados nomes esténdese a máis de corenta moedas sociais que circulan en barrios ou pequenas cidades brasileiras onde existen bancos comunitarios, creados para fortalecer a economía de comunidades carenciadas.

A cotización da moeda social é idéntica á do real, moeda oficial do Brasil, pero mesmo así, remata sendo máis valorizada que o real, xa que os comerciantes dan descontos nas compras realizadas con ese diñeiro alternativo, segundo explica Joaquim de Melo, fundador e coordinador do Banco Palmas, situado no Conjunto Palmeiras, barrio da periferia de Fortaleza, capital de Ceará, estado situado na rexión Nordeste de Brasil.

O uso da moeda é simple: os habitantes poden cambiar o real pola moeda social no banco comunitario e usala no comercio da rexión. Se se necesita comprar en reais fóra da comunidade onde actúa o banco, a persoa pode desfacerse do cambio. O obxectivo da moeda social é facer que os cartos circulen dentro da comunidade. A práctica aumenta as vendas e xera máis empregos nesas rexións.

O Banco Palmas é pioneiro nesta área. Primeiro banco comunitario creado no Brasil, a institución foi fundada en 1998. Dous anos despois nacía a moeda do mesmo nome, "Palmas". A experiencia comunitaria presentou resultados tan positivos que en 2005 creouse a Rede Brasileira de Bancos Comunitarios.

Segundo Joaquim, preto de 240 establecementos comerciais están acreditados para recibir o palma no Conjunto Palmeiras. O atractivo é o desconto dado polos comerciantes se o cliente paga en palmas. Se compra en reais, non ten desconto. "Para o comerciante iso significa a fidelización do cliente", esclarece Joaquim.

Joaquim explica tamén que a práctica apunta a estimular o uso da moeda social. "O real pode ser usado fóra da comunidade, xerando riqueza noutro lugar. A moeda social ten o poder de xerar riqueza no barrio", salienta. Estima que existen preto de 36 mil palmas circulando mensualmente na rexión e xa hai até o "Palmacard", cartón de crédito do banco comunitario.

O Banco Palmas é hoxe unha referencia para o resto do país. No mesmo edificio funciona o Instituto Banco Palmas, que oferta cursos de capacitación e crédito financeiro a través de recursos captados polo Banco do Brasil. O Instituto tamén articula a creación de novos bancos noutros estados brasileros.

Joaquim aclara que o incentivo é dado tamén polo Ministerio de Traballo e Emprego (MTE), a través da Secretaría Nacional de Economía Solidaria, "O Ministerio é un dos asociados e apoiou a creación de bancos comunitarios no país", di. Hoxe, xa existen case 50 bancos comunitarios en todo o país. Só en Ceará son 27 institucións comunitarias, informa o fundador do banco. A perspectiva é que se cren mil bancos comunitarios até 2012 en Brasil.

Segundo Joaquim, a moeda social é de propiedade e control da comunidade. "Existe un control social moi grande porque as persoas que usan o diñeiro se coñecen", di. A mesma comunidade benefíciase co lucro, algo diferente do que sucede cos grandes bancos onde os cartos dos clientes son usados para transaccións financeiras. "O banco comunitario non lle serve ao mercado especulativo. Só serve para xerar riqueza local. É democracia económica", declara.

A creación de bancos comunitarios prodúcese por medio de convenios das asociacións co Instituto Banco Palmas. A institución non necesita pedir autorización ao Banco Central, só comunica a creación dunha nova moeda social. O Instituto Palmas certifica a nova moeda a través dun selo e elementos de seguridade que a protexen contra a falsificación, do mesmo xeito que se fai co real. A recomendación é que a aparencia dos billetes sociais sexa moi distinta da aparencia do real.

Outra orientación é que a moeda social non pode valer máis que a moeda brasilera oficial e por cada moeda emitida é necesario ter o mesmo valor en reais no banco comunitario. A medida apunta a controlar a economía, xa que a existencia de moedas alternativas en maior valor volume que a moeda oficial podería provocar unha desestabilización da economía do país. "Nós informamos ao Banco Central sobre cantas moedas sociais están a circular", informa Melo.

As moedas sociais son recoñecidas como unha especie de títulos aptos para recibirse, así como o vale de alimentación, o vale transporte, etc. A medida evita infrinxir a lei que restrinxe a emisión de diñeiro só ao Banco Central. Non son pois moedas formais. Inclusive sendo informadas ao Banco Central e acompañadas polo Ministerio de Traballo, a emisión de moedas sociais non ten control por parte de ningún órgano oficial.

Proxecto de Lei

Tramítase no Congreso Nacional un proxecto de lei de autoría da deputada federal Luíza Erundina (PSB/SP), cuxo relator é o deputado estadual Eudes Xavier (PT/CE), que ten por obxectivo a regulamentación dos bancos comunitarios. O relator cre que a discusión demorará aínda ao redor dun ano para chegar ao plenario.

Para Joaquim, é fundamental que o proxecto sexa aprobado, pois traerá beneficios, porque permitirá que os bancos comunitarios realicen aforro, ademais de regulamentar a situación das moedas sociais no país. "Os grandes bancos non chegan aos lugares pequenos nin onde están os máis pobres. Esa función queda baixo a responsabilidade dos bancos comunitarios", finaliza.

Iniciativas similares en Europa e toda América Latina

As moedas sociais non son novas. En 2003, na rexión bávara de Chiemgau, un profesor de economía creou xunto aos seus alumnos o chiemgauer. En principio, foi un proxecto de instituto, pero se converteu nunha oportunidade para acabar coa desigualdade. Polo menos, ese é o seu obxectivo aínda hoxe.

Esta moeda utilízase para contratar a persoas desempregadas e estudantes, entre outros, a quen se paga con este diñeiro comunitario. Tamén o reciben os traballadores de certas empresas, a modo de compensación, en época de crise. Acéptanse nalgúns negocios locais e aprovéitanse para promocionar o comercio xusto, coa venda deste tipo de produtos que se abonan en chiemgauers.

En Brasil, o Banco Central recoñeceu un total de 51 moedas sociais. Teñen unha cotización igual á moeda oficial e empréganse en barrios ou rexións. A estrutura leva implantada varios anos e, neste tempo, abríronse algúns bancos comunitarios que emiten as moedas e intercámbianas por diñeiro oficial.

En xeral, son os usuarios quen deseñan a moeda coa axuda de ONG que exercen de coordinadoras dos proxectos. Non se recorre ás vías financeiras tradicionais, senón que son programas sociais que quedan en mans destas organizacións e da propia comunidade. Un dos fins é impulsar as transaccións no barrio e, emporiso, implícase a todos os cidadáns e cidadás.