
I Curso de Economía Alternativa e Solidaria: Realidades e Proxectos
Recordámosvos que xa tendes colgado na web da USC o cartaz e o programa do “Curso de Economía Alternativa e Solidaria: realidades e proxectos” que PANXEA organiza coa Universidade de Santiago de Compostela para compartir a aprender entre todos e todas das alternativas que xa están a facer ese novo mundo que todos e todas soñamos.
Contaremos con persoas e organizacións de referencia en temas como as finanzas éticas, o comercio xusto, o consumo responsable, o cooperativismo, a agroecoloxía ou a pesca sostible, o software libre, bancos de tempo, mercadiños de troco, mercado social, …
Estarán entre outras, REAS-Red de Redes, O Peto, Fiare, Coop´57, Arqueixal, AMIPA, Mar de Lira, Lentura, Ítaca (software libre), AES Briante, Verdegaia, banco de tempo Fervello, o grupo de consumo A Landra, Solidariedade Internacional, Galeuros (moeda complementaria), …
O prazo de inscrición remata o día 9, pero aínda quedan prazas, así que non dubidedes en inscrivirvos neste enlace.
Agardámosvos os días 11 a 13 de novembro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC en Compostela para construir entre todas o presente e o futuro da economía que queremos.
Tags: AIS O´Peto, arqueixal, banco de tempo, Comercio Xusto, Consumo responsable, coop´57, economía, economía alternativa, Economía solidaria, espacio comercio justo, fiare, fiare galiza, Finanzas Éticas, Mar de Lira, mercadiño de troco, REAS, REAS Galicia, USC, verdegaia
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















