
Curso de formación: “Consecuencias do capitalismo: crise global e alternativas”

xornada de formación o sábado 13 de marzo en Sargadelos, Compostela: “Consecuencias do capitalismo: crise global e alternativas”, por Luis González Reyes, coordinador de Ecologistas en Acción – Madrid.
O horario podería ser o seguinte: 10,30 – 13,30 h. e 16,30 – 20 h.
Invitámosvos á V xornada de formación de AIS "O Peto". Está organizada, coma todas, para a formación das socias e socios e é aberta para a cidadanía en xeral. Será o sábado 13 de marzo de 2010. Versará sobre "Consecuencias do capitalismo: cris global e alternativas". Compartirá connosco este encontro Luís González Reyes, coordinador de Ecologistas en Acción-Madrid. Haberá tempo para a reflexión, o diálogo, o compartir experiencia e inquedanzas, ...
"Falar de crise é promovela, e calar na crise é exaltar o conformismo. En vez disto traballemos duro. Acabemos dunha vez coa única crise ameazadora que é a traxedia de non querer loitar por superala.
Nos momentos de crise, só a imaxinación é máis importante que o coñecemento."
Albert Einstein
A xornada será:
Pola mañana:
- Como funciona o capitalismo?
-
Causas da crise (reais, creadas, ...).
-
Consecuencias do capitalismo: a crise global.
Pola tarde:
- Alternativas (realidades que se coñecen (videoforum, obradoiro, ...).
Horario: de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.
Lugar: Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova 16)
Sen máis, unha fonda aperta.
comisión de formación de AIS O PETO
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















