
Constitúese FIARE GZ o sábado 16 de xaneiro
O proxecto de Banca Ética Fiare funciona xa con delegacións en distintos lugares do Estado e o vindeiro sábado 16 de xaneiro celebrarase a Constitución da Sección Territorial Galega de Fiare. Entre os membros fundadores de Fiare Galiza atópanse asociacións como: AIS O Peto, Arela, Amarante, Verdegaia, Adega, Altermundo, SLG, Panxea, colexio La Salle, CONGD´s.... O acto de constitución terá lugar en La Salle de Santiago de Compostela, rúa San Roque, 6 ás 10:00 da mañá.
O proxecto Fiare
parte dun diagnóstico concreto: as nosas sociedades son inxustas. É desde a indignación que produce esa inxustiza desde a que xorden os dinamismos para desenvolvelo. Dentro das múltiples e complexas facetas que debullan esta estrutura de desigualdade e exclusión, o sistema bancario é o piar sobre o que Fiare se propón actuar, construindo unha realidade alternativa. Fiare nace, xa que logo, como un proxecto de sistema de banca ética que se constitúa en alternativa elixíbel pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financieiro e cunha característica fundamental (entre outras): o seu funcionamento está en mans dos movementos sociais.
ROLDA DE PRENSA
Ás 12:45 celebrarase unha rolda de prensa á que invitamos a todos os medios de comunicación na galería Sargadelos de Santiago de Compostela:
Día: sábado 16 de Xaneiro
Hora: 12:45 do mediodía
Lugar: Galería Sargadelos de Santiago de Compostela
Convoca: Fiare Galiza
Contido: Presentación da constitución da sección territorial galega de Fiare
Asisten: Membros de Fiare Galiza e Peru Sasía (director do proxecto Fiare a nível estatal)
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:


















