
Asemblea anual de AIS “O PETO”
A V Asemblea de AIS "O Peto" terá lugar o próximo sábado 12 de DECEMBRO ás 10h. da mañá nos locais parroquiais de Fontiñas.
Á Asemblea Xeral é moi interesante que veñades todos/as os/as socios/as xa que é o máximo órgano de goberno da nosa asociación, así como é un bo momento para encontrarnos todos/as, falar, consultar, propor e participar na toma de decisións.
A Orde do día da V Asemblea será a seguinte:
- Benvida e encontro de tódolos/as socios/as.
- Informe de socios e socias.
- Informe de contas.
- Informe de actividades.
- Informe das comisións: seguimento, FIARE, difusión, formación.Participación en FIARE GZ: propostas para a Xunta Directiva, participación
- Crecemento da asociación en “rede”: Carballiño, Pontevedra, Vigo…
- Rogos e preguntas.
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.



















