
Funcionamento
O noso funcionamento:
O capital de AIS “O Peto” está formado por participacións de 60 euros. (Non se aceitan doazóns nin subvencións, o total do capital da asociación terá que vir na súa totalidade dos aforros das socias/os)
O 90% do capital destínase a préstamos, financiando proxectos de creación de emprego que non teñen acceso á financiamento tradicional. O restante 10% a accións divulgativas e administración interna, porcentaxe non recuperábel.
Outra forma de participar será a achega de traballo voluntario.
O estudo da viabilidade e o seguimento técnico dos proxectos presentados faise a través da Plataforma polo Emprego. Unha xunta directiva aberta a tódalas socias/os aproba a concesión dos préstamos por maioría cualificada responsabilizando a un/ha socio/a do seguimento.
O modelo é autoxestionario e democrático.
Os nosos medios:
Traballo gratuíto dos socios/as e colaboradores/as, tanto no cumprimento dos fins da asociación como no seu funcionamento interno.
Capital formado polas participacións adquiridas. Este capital pode posteriormente recuperarse nun 90% segundo un procedemento establecido ao efecto.
Investimento non lucrativo de proxectos con rendibilidade social ou cultural e viabilidade económica, que poñen o centro de atención no traballo socialmente necesario para que a persoa poida ser protagonista da súa vida.
Educación en actividades de formación para socios/as e simpatizantes, co fin de afondar nos fundamentos da economía alternativa e solidaria. Os/as destinatarios/as dos préstamos tamén poderán participar nelas.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















