Ideario e obxectivos

O Noso ideario:

  • Rotura progresiva coa xestión tradicional dos aforros e dos cartos, coa súa mentalidade e os seus hábitos.
  • Contribuír ao abandono progresivo do lucro e especulación do sistema financeiro.
  • Xestión pola sociedade dos seus propios recursos contribuíndo á mellor redistribución dos mesmos, á pedagoxía da solidariedade e á participación sociopolítica.
  • Facer do traballo o medio e obxectivo central de todo préstamo e doutras situacións nas que as condicións materiais condicionan a liberdade e o benestar das/os solicitantes.
  • Atender ás necesidades das persoas xurídicas, que valorando positivamente o seu valor social, para que poidan serguir servindo á constucción dunha sociedade máis xusta.
  • Promover unha formación integral das persoas fomentando os valores de xustiza e solidariedade, que favorezan un cambio de valores nas nosas vidas, para así transformar a sociedade. 

Os nosos obxectivos:

  • Achegar financiamento a aquelas persoas que teñen propostas viábeis de autoemprego, pero que non teñen acceso ao sistema financeiro, caixas e bancos, ao carecer de quen os avale. Así como, outras realidades nas que as condicións materiais dunha existencia digna non estean garantidas e haxa posibilidades de devolución dos cartos nun tempo asumíbel; adianto de subvencións de estudos, de emerxencia, de vivenda, etc…
  • Achegar financiamento a aquelas persoas xurídicas que precisen unha inxección económica para poder seguir desenvolvendo as súas actividades (avaliadas como socialmente positivas); adianto de subvencións, etc…
  • Crear as canles que permitan a participación activa e o traballo coordinado de quen está interesada/o nos múltiples aspectos da economía alternativa e solidaria.
  • Por en marcha os medios necesarios que faciliten a participación e/ou investimento de quen busca criterios éticos e unha rendibilidade social ao seu diñeiro.