Política

A Rede Anticapitalista no Día da Loita Labrega

A Ra! e a Plataforma Galega Antitransxénicos convocan aos movementos sociais e á cidadanía galega a un acto hoxe, venres 17/04/2009, na Praza Roxa de Santiago ás 17:30. Con motivo do Día da Loita Labrega: Escenificación do Enterro da Agricultura e Procesión-Manifestación cara a Carrefour. Prégase asistir de rigoroso loito.

O 17 de abril foi declarado pola Vía Campesina desde 1996 como o ‘Día Internacional da Loita Labrega’ coma homenaxe a 19 campesiñ@s do ‘Movemento Sen Terra’ asasinad@s –e máis de 60 ferid@s– pola policía brasileira en Eldorado dos Carajás (Brasil), durante unha mobilización na que 1500 familias sen terra esixían a entrega dun latifundio (que non estaba en produción) para traballar e producir alimentos. Até o día de hoxe ningún dos responsábeis foi condenado. +INFO.

COA TÚA ALIMENTACIÓN, ENFRÍAS OU QUECES O PLANETA?

> Cantos milleiros de quilómetros viaxaron os alimentos que consomes?
> Canto petróleo queimaron polo camiño ou levan no seu envase?
> A agroindustria é unha das principais fontes de mudanza climática
> A agroecoloxía enfría o planeta

DECIDES O QUE COMES?