
A asociación
AIS "O peto": Unha nova forma de relación económica o servizo das persoas
Os comezos…
No ano 2005 un grupo de persoas de distintos ámbitos decidimos comezar unha reflexión sobre a situación da sociedade e posibeis alternativas ante os moitos problemas que a afectan, sobre todo no referente ás desigualdades e falta de liberdade, determinada pola falta de oportunidades para moita xente en situación de carencia, é dicer, da súas condicións materiais de existencia. Pero como primeiro referente tiñamos a nosa responsabilidade social, é dicer, asumindo que nós somos responsabeis dos nosos actos e por tanto da construcción dun ou outro modelo de sociedade. Buscabamos algo diferente ás propostas que xa había, para cubrir problemas que non poden ser atendidos até o momento neses dous sentidos, na acción transformadora e na participación sociopolítica.
Existe unha inquietude por parte da xente de non contribuir a un sistema de dominación. Un sistema que no que respeita ao uso dos cartos, ten plena potestade e capacidade para investilos e afortalarse e expanderse; queríamos poder utilizar os nosos cartos para outros fins diferentes aos que propón o sistema bancario tradicional.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:


















