
Xullo 2010
Cando os cartos mercan integridade
Artigo de Paul Craig. Admiro a Joseph E. Stiglitz, porque ten conciencia social e un sentido da xustiza cuxa ausencia converte aos economistas en monstros. A pesar das súas virtudes e do Premio Nobel, Stiglitz vén abaixo como economista. Os lectores do meu novo libro How The Economy Was Lost [Como se perdeu a economía], saberán que lle leo a cartilla pola función da produción, que desorienta seriamente a economía respecto da escaseza do capital da natureza.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















