
Maio 2010
Sobre o programa de ajuste dos 'socialistas' espanhóis
1. O programa de ajuste que o Governo espanhol acabou por acatar é umha prova evidente de que a situaçom da economia do país era muito pior que a que retratavam frivolamente, os discursos oficiais.
A corrupción e a trampa da pobreza no Terceiro Mundo
Parlamento de Navarra acorda investir en FIARE
A Comisión de Asuntos Sociais insta ao Executivo a apoiar os produtos de Fiare. A Comisión de Asuntos Sociais, Familia, Mocidade e Deporte aprobou onte por unanimidade de todos os grupos parlamentarios unha resolución pola que se insta ao Goberno de Navarra a "realizar un investimento socialmente responsable de parte dos seus depósitos en calquera dos produtos da Banca Ética Fiare".
Inauguración de Panxea e próximo traslado de O Peto
O pasado venres, tivo lugar a festa da inauguración da nova tenda e local social de Panxea en Compostela. Tivemos unha degustación de productos de Comercio Xusto e unha fantástica actuación do Coro da Rá.
Algúns dos socios e socias de O Peto estivemos alí partillando este momento de ledicia e mirando o noso novo local de reunións e xuntanzas, en principio o día 15 faremos o traslado definitivo desde o CTC (Centro de Traballo e Cultura) ao novo local de Panxea.
Aumenta a brecha entre ricos e pobres en América Latina
América Latina e o Caribe é o continente máis urbanizado do mundo. Catro de cada cinco latinoamericanos viven en centros urbanos na rexión, pero non todos teñen acceso a servizos básicos.
Segundo o informe "Estado das Cidades de América Latina e o Caribe", presentado no V Foro Urbano Mundial, levado a cabo en Rio de Janeiro, Brasil, do 22 ao 26 de marzo, "desde mediados do século XX, América Latina e o Caribe pasou de ser unha rexión predominantemente rural a converterse nun territorio onde a maioría da poboación vive en asentamentos considerados estatisticamente urbanos".

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:



















