Marzo 2010

Taibo: "O decrecemento é o futuro se queremos facer fronte a esta senrazón"

F. Franco (Faro de Vigo / Altermundo).   O decrecemento é o futuro necesario se queremos facer fronte a este despropósito que alaga o noso presente planetario, que se nos vai das mans se non facemos un auténtico cambio de valores. Esa idea expresou onte no Club FARO o catedrático de Ciencia Política, Carlos Taibo, cuxa charla aludía no seu título precisamente a iso: "En defensa do decrecemento".

21 de Marzo MANIFESTACIÓN contra a destrución do territorio GNSV

Manifestación Galiza Non Se Vende

Convocatoria: Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.

Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.