
Febreiro 2010
Curso de formación: “Consecuencias do capitalismo: crise global e alternativas”

xornada de formación o sábado 13 de marzo en Sargadelos, Compostela: “Consecuencias do capitalismo: crise global e alternativas”, por Luis González Reyes, coordinador de Ecologistas en Acción – Madrid.
O horario podería ser o seguinte: 10,30 – 13,30 h. e 16,30 – 20 h.
27 e 28 de Febreiro: Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar
Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info
Programa
Podes descargar o novo libro sobre a Renda Básica
Pode descargarse o libro completo editado polo Ministerio de Desarrollo Social de Uruguay
Click aquí para descargar todo el libro | 5.000
Renta básica universal: ¿derecho de ciudadanía? Perspectivas europeas y latinoamericanas
Panxea Soc. Coop. Galega
PANXEA, Asociación para o Comercio Xusto e Solidario de Santiago de Compostela desde o ano 1995, INICIA UNHA NOVA ETAPA.
O sábado 6 de febreiro, constituíuse como Cooperativa de Consumidores para continuar coa súa liña de traballo no comercio xusto. En pouco tempo estrearán o novo local na rúa da Rosa e ampliarán as actividades. Ademais, introducirán produtos ecolóxicos e locais na procura da soberanía alimentaria.
Os materiais do IX Simposio da Renda Básica
Poden lerse todos os materiais do IX Simposio da Renda Básica realizado en Bilbao durante os días 20 e 21 de novembro, e outras novedades en http://www.nodo50.org/redrentabasica/index.php
Pueden leerse todos los materiales del IX Simposio de la Renta Básica realizado en Bilbao durante los días 20 y 21 de noviembre, y otras novedades en http://www.nodo50.org/redrentabasica/index.php

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.
Difusión:


















