
Decembro 2009
FIARE supera o millón de euros de capital social
Brown e Sarkozy a punto para adherirse a Attac?
En Altermundo Attac Galiza-. Gordon Brown, desde hai trece anos gardián da ortodoxia financeira no Reino unido, e Nicolás Sarkozy, o presidente máis á dereita que Francia xamais coñeza, deciden taxar o bonus dos banqueiros.
Celebrouse a V Asemblea Xeral de AIS O Peto
Colgáronse no apartado de Últimas Novidades os documentos da V Asemblea Xeral de AIS "O Peto", e agardando aínda o envío da acta a todas as socias e socios, podemos extraer varios datos:
O número de socias e socios é de 109; e marcouse como obxectivo para o 2010 chegar aos 130. O número de préstamos concedidos son 14, e a contía total para préstamos ronda os 60.000 euros dos que hai investidos máis dos 3/4.
Asemblea anual de AIS “O PETO”
A V Asemblea de AIS "O Peto" terá lugar o próximo sábado 12 de DECEMBRO ás 10h. da mañá nos locais parroquiais de Fontiñas.
Á Asemblea Xeral é moi interesante que veñades todos/as os/as socios/as xa que é o máximo órgano de goberno da nosa asociación, así como é un bo momento para encontrarnos todos/as, falar, consultar, propor e participar na toma de decisións.
A Orde do día da V Asemblea será a seguinte:
BBVA sen armas
Financiación de exportacioóns de armas
O BBVA financiou, en 2006, exportacións de armas italianas por un valor de máis de 53 millóns de euros
-Entre os destinatarios, figuran países como Israel e Malaisia-
O BBVA destacou en Italia por:
- Ser unha das principais entidades financieiras das exportacions de armas italianas. De feito, no ano 2002 ocupou o primeiro lugar da clasificación por volume de financiacións.
- Financiar, en 2006, exportacións de armas a países que non cumpren co Código de Conducta da Unión Europea, entre os que destacan Israel ou Malasia.
- Financiar, en 2006, exportacións de armas italianas por un valor de máis de 53 millóns de euros (casi 9.000.000.000 pesetas)
12 decembro. Pedalada contra o cambio climático. Compostela. Convoca Ra!

Mudemos o sistema, non o clima!
A mudanza climática é a cara máis preocupante dunha crise socioambiental global que afunde as súas raíces no produtivismo e no consumismo. Un problema cuxos principais responsábeis son os gobernos e as transnacionais dos países enriquecidos, xunto coas institucións internacionais do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Organización Mundial do Comercio, mais que golpea primeiro e máis forte ás persoas máis pobres.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.



















