Novembro 2009

SERGE LATOUCHE, A FILOSOFÍA DO DECRECEMENTO E O MOVEMENTO SLOW

                                                                                                   Do blog ortigueira sostible.

O crecemento ilimitado (e tamén o seu fillo, o crecemento sostible) é unha crenza. É a crenza na que se basea a realidade de todo o noso sistema político e económico. Pero é unha crenza disparatada, porque se fundamenta no consumo de recursos indefinidamente e os recursos deste planeta son finitos. A súa contrapartida, o decrecemento, non é un concepto simétrico, aclara o que posiblemente sexa o seu ideólogo mais representativo, é un slogan provocador, unha contraposición da mesma índole que o ateísmo respecto á fe.

Caixas de Aforros: Privatización clientelar ou Banca Pública?

Izquierda Anticapitalista   

IA-. As caixas son desde o plano xurídico entidades sen ánimo de lucro e no seu goberno participan diferentes representantes de poderes públicos rexionais –concellos, deputacións provinciais, gobernos autonómicos)–, de axentes sociais e dos propios impositores –os depositantes que contan con dereitos políticos no seu goberno.