Constitúese FIARE GZ o sábado 16 de xaneiro

O proxecto de Banca Ética Fiare funciona xa con delegacións en distintos lugares do Estado e o vindeiro sábado 16 de xaneiro celebrarase a Constitución da Sección Territorial Galega de Fiare. Entre os membros fundadores de Fiare Galiza atópanse asociacións como: AIS O Peto, Arela, Amarante, Verdegaia, Adega, Altermundo, SLG, Panxea, colexio La Salle, CONGD´s....  O acto de constitución terá lugar en La Salle de Santiago de Compostela, rúa San Roque, 6 ás 10:00 da mañá.

O proxecto Fiare

FIARE supera o millón de euros de capital social

O pasado 17 de Decembro celebrouse a Asemblea da Asociación Fiare Navarra onde presentáronse os resultados nos eidos territorial e tamén estatal de FIARE. Unha banca ética que aspira a convertirse nunha cooperativa de crédito que financie proxectos sociais e transformadores.

 

Brown e Sarkozy a punto para adherirse a Attac?

En Altermundo  Attac Galiza-. Gordon Brown, desde hai trece anos gardián da ortodoxia financeira no Reino unido, e Nicolás Sarkozy, o presidente máis á dereita que Francia xamais coñeza, deciden taxar o bonus dos banqueiros.

Celebrouse a V Asemblea Xeral de AIS O Peto

Colgáronse no apartado de Últimas Novidades os documentos da V Asemblea Xeral de AIS "O Peto", e agardando aínda o envío da acta a todas as socias e socios, podemos extraer varios datos:

O número de socias e socios é de 109; e marcouse como obxectivo para o 2010 chegar aos 130. O número de préstamos concedidos son 14, e a contía total para préstamos ronda os 60.000 euros dos que hai investidos máis dos 3/4.

Asemblea anual de AIS “O PETO”

A V Asemblea de AIS "O Peto" terá lugar o próximo sábado 12 de DECEMBRO ás 10h. da mañá nos locais parroquiais de Fontiñas

 Á Asemblea Xeral é moi interesante que veñades todos/as os/as socios/as xa que é o máximo órgano de goberno da nosa asociación, así como é un bo momento para encontrarnos todos/as, falar, consultar, propor e participar na toma de decisións.

A Orde do día da V Asemblea será a seguinte:

BBVA sen armas

Financiación de exportacioóns de armas

O BBVA financiou, en 2006, exportacións de armas italianas por un valor de máis de 53 millóns de euros
-Entre os destinatarios, figuran países como Israel e Malaisia-

O BBVA destacou en Italia por:

  1. Ser unha das principais entidades financieiras das exportacions de armas italianas. De feito, no ano 2002 ocupou o primeiro lugar da clasificación por volume de financiacións.
  2. Financiar, en 2006, exportacións de armas a países que non cumpren co Código de Conducta da Unión Europea, entre os que destacan Israel ou Malasia.
  3. Financiar, en 2006, exportacións de armas italianas por un valor de máis de 53 millóns de euros (casi 9.000.000.000 pesetas)

12 decembro. Pedalada contra o cambio climático. Compostela. Convoca Ra!

Mudemos o sistema, non o clima!

A mudanza climática é a cara máis preocupante dunha crise socioambiental global que afunde as súas raíces no produtivismo e no consumismo. Un problema cuxos principais responsábeis son os gobernos e as transnacionais dos países enriquecidos, xunto coas institucións internacionais do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Organización Mundial do Comercio, mais que golpea primeiro e máis forte ás persoas máis pobres.

SERGE LATOUCHE, A FILOSOFÍA DO DECRECEMENTO E O MOVEMENTO SLOW

                                                                                                   Do blog ortigueira sostible.

O crecemento ilimitado (e tamén o seu fillo, o crecemento sostible) é unha crenza. É a crenza na que se basea a realidade de todo o noso sistema político e económico. Pero é unha crenza disparatada, porque se fundamenta no consumo de recursos indefinidamente e os recursos deste planeta son finitos. A súa contrapartida, o decrecemento, non é un concepto simétrico, aclara o que posiblemente sexa o seu ideólogo mais representativo, é un slogan provocador, unha contraposición da mesma índole que o ateísmo respecto á fe.

Caixas de Aforros: Privatización clientelar ou Banca Pública?

Izquierda Anticapitalista   

IA-. As caixas son desde o plano xurídico entidades sen ánimo de lucro e no seu goberno participan diferentes representantes de poderes públicos rexionais –concellos, deputacións provinciais, gobernos autonómicos)–, de axentes sociais e dos propios impositores –os depositantes que contan con dereitos políticos no seu goberno.

FIARE Castela e León: Ábrese o primeiro punto de información sobre banca ética en Castela e León

O venres 2 de outubro, a Asociación FIARE Castilla y León incorpórase á rede estatal de apoio ao proyecto de banca ética FIARE, sumándose así ás asociacións xa existentes en Madrid, Castilla la Mancha, Cataluña, Euskadi, Navarra, Andalucía, Extremadura e Comunidade Valenciana.

Una de las primeras acciones tras la incorporación será la apertura del primer punto de información sobre banca ética en nuestra comunidad autónoma, que estará ubicado en la sede de la entidad Azacán-SERSO Castilla y León (en el Paseo Farnesio 7-9, de Valladolid).

 FIARE lleva desde el año 2005 captando ahorro de personas y entidades concienciadas con la necesidad de trabajar por un mundo más justo y sostenible y dirigiendo ese ahorro hacia proyectos que suponen una transformación de la sociedad (www.proyectofiare.com). Está constituido por más de 350 asociaciones de toda la geografía española que coinciden en la necesidad de regenerar el mercado financiero desde criterios éticos: empresas de economía social, ONG´s de comercio justo y de cooperación al desarrollo, empresas de inserción laboral, etc.